Voici la bande annonce (trailer) du film Ratatouille . Que c'est drôle!
Ratatouille non é só a protagonista desta película. A "ratatouille" é unha comida típica da Provenza, no sureste de Francia (ver mapa), deliciosa e moi sinxela, como nos gusta aos galegos. É unha variante do que nos coñecemos como "pisto". Prepárase de xeitos diferentes en cada pobo da Provenza. Aquí vos deixo unha receita para que a probedes na casa.
Ratatouille
- Cortamos berenxena, tomate, cabaciño, cebola, pemento en rodaxas moi finas.
- Colocamos as rodaxas en capas alternas nunha placa de forno untada con aceite de oliva.
- Salgamos e engadimos herbas provenzais.
- Metémola no forno ata que as verduras queden asadas pero un chisco consistentes.
- Servimos no plato acompañada dunha vinagreta suave.
Bon appetit!
1 commentaire:
ola profe soi carlos el de 1:este vidio está mui guai
Enregistrer un commentaire