10 octobre 2009

1500 kilómetros

Capítulo I: Distribución de pesos
Á saída de Salceda: A parte traseira do bus rebosaba de xente nova.
Na parada da Gudiña: O autobús xa empeza a estar cheo ata as dúas primeiras ringleiras.

Capítulo II: Como di a canción “No hai cama pa tanta gente”
Pernas atravesadas no pasillo do bus, mochilas que fan de almofadas, asentos que non chegan para estirarse...Ufff, que cansos estamos!!!

Capitulo III: Actividade frenética dende a mañá
Os obradoiros foron de todo tipo: maquillaxe, manicura, peiteado, curso de francés acelerado (catro frases para saír do apuro).


Capítulo IV: “Se non cheghamos pronto, a min vaime dar algho”
A ansia por chegar deunos máis ás que un Red Bull.Chegamos dúas horas antes do previsto e só estaba Monsieur le Directeur para recibirnos.
Así que nós xa empezamos a visita de Carnac.
A nosa presencia fíxose notoria na vila e pronto comezaron a chegar alumnos franceses, incluso correspondentes de anos anteriores. Mensaxes de móbil, chamadas de teléfono, nervios, histeira...

Capítulo V: Cheghamos!!!!!
....bicos e apertas, a ledicia do primeiro encontro. Despois da recepción oficial con “refrigherio”, os rapaces van marchando coas súas pertenzas, agasallos incluídos
(Continuará)

Aucun commentaire: