09 octobre 2009

Primeiras impresions

Os reporteiros do intercambio solicitaron a opinión dos seus compañeiros/as sobre esta curta viaxe de 22 horas (unha carreiriña dun can) e aquí tedes as respostas:

Lara: O zume desta mañá estaba agre.
Sara: Rosana, tes coca-cola na axila.
Tomás: Durmo no corredor do bus porque non atopo posición.
Anaïs: Eu non podo durmir polas luces, así que non durmo!
Bárbara: Nunca curva Yoli caeu do asento mentres durmía!!
Marian: Laura non fai máis que cantar!
Laura G.: Marian non fai máis que durmir !
Andrea : Estamos todos rebentados pero ninguén durme!!
Antonio: La causa, el pájaro es la causa.
Lucía G.: Vale, xa temos canción oficial: El pájaro es la causa. :D
Yoli: Profes de Salceda, grazas por acompañarnos a Francia! Molades moito!Querémosvos!
Lino: Só durmín 1 hora!
Helier: Cansadísimo pero con ganas de chegar.
Laura Romero: Bfffffffff….moi cansada…pero desexando ver á miña francesa!
Cristina: Gracias aos organizadores desta excursión. Sen eles sería imposible vir. Gracias a vós, rapazas porque só acabamos de empezar e xa me encanta…CLARA!!
Quérovos , rapazas!!!
Jesús: Con ganas de empezar a patear porque estar aquí embutidos é un peñazo.
Bárbara: Profes de Salceda, tedes envexa??? Jejeje
Noelia: Coas cancións de Javi e os bailes de Tomás facemos uinhas festa mentres os demais durmen!!
Maka: Aguantando os berros de Jesús e Bárbara e as cancións de Toñi e Lucía, pero aínda así durmindo toda a viaxe.
Rosana: Entre cancións e tonterías houbo tempo para durmir.

1 commentaire:

ana a dit…

Para pasa-lo ben, primeiro hai que sufrir un pouco, non? Seguirei as vosas novas. Saúdos para todos e todas